quarta-feira, 24 de agosto de 2011

III Campionato de Futbolín Cidade de Ourense

III Campionato de Futbolín Cidade de Ourense

O campionato terá lugar nos Xardíns de Padre Feijoo, o sábado día 26 de xuño do 2010.
-Programa-
12.00 - Apertura e control de Participantes
13.00 a 14.30 - Campionato
14.30 a 16.30 - Xantar
16.30 a 21.30 - Campionato
23.30 - Entrega de premios
0.00 - Concertos do III Campionato de Futbolín cidade de Ourense na Praza do Correxidor, contaremos con:
Festicultores Troupe
Funky Style Brass
-Regulamento-
1. Cada equipa estará composta por dous/dúas xogadores/as, sendo un/unha deles/as o/a capitán.
2. As equipas poderán estar formadas tanto por homes, mulleres ou mixtas.
3. O campionato de futbolín cidade de Ourense estará formado de 10 grupos.
4. Cada paralle xoga contra todas as parellas do seu grupo.
5. Xógase unha partida a 4 goles na primeira volta e unha partida a 4 goles na segunda volta.
6. O campo sortearase a cara ou cruz.
7. Cada partida gañada suma un punto
8. Se algunha parella non se presenta a xogar en 5minutos perderá a partida por 4-0.
9. No caso de empate a puntos entre unha, dúas ou máis parellas, a clasificación dese grupo farase baseandose no resultado das parellas empatadas.
10. Clasificaránse 32 parellas, as 3 primeiras de cada grupo e dúas cuartas parellas a sorteo.
11. A gran final xogarase entre as dúas mellores parellas a dúas partidas a sete goles. O campo sortearase a cara ou cruz.
-Normas-
Saque: No primeiro saque, sacará quen non elixera campo. A equipa que encaixe gol, sacará desde o seu campo.
Se sae a bola da mesa: Sacaráse dende o lado polo que saíu. En caso de caer polo centro farase un saque ao medio.
Portería: Se entra e sae a bola seguirase xogando como se nada. A bolboreta só vale co porteiro.
Dianteira: Os goles non válidos suman para a equipa contraria. Todos os goles que peten nun pao ou nun xogador contrario serán considerados válidos (En caso de cambios ou bola parada). Se a bola toca a dous ou máis dianteiros e entra na portería o gol non será válido (Cambios). Podese tocar a bola co mesmo xogador varias veces. Permítese o cambio por detrás.
¡¡IMPORTANTE!!
En caso de que xurda calquera anomalía ou contradición non contemplada neste regulamento a organización do campionato tomará as decisións oportunas para o correcto desemvolvemento do torneo.
TODOS OS/AS XOGADORES POLO SIMPLE FEITO DE REALIZAR A SÚA INSCRICIÓN COMPROMÉTENSE A ACEPTAR ESTE REGULAMENTE E ACATAR AS DECISIÓNS DA ORGANIZACIÓN DO CAMPIONATO DE FUTBOLÍN CIDADE DE OURENSE 2010.
-Premios-
Máis de 1000€ en Premios, estrutura todavía sen anunciar.
-Inscrición-
O prezo do III Campionato da cidade de Ourense é de 20€ por parella, no que se inclúe o xantar de balde e unha camisola de agasallo para todos/as participantes. A inscrición poderase facer nos seguintes locais: Café Cultural Auriense, Bar Vereda e na Esmorga.
Ou o nº de conta 2080 0260 81 0040078964 de Caixanova.
É imprescindíbel poñer o nome da equipa e o nome e apelidos xunto co D.I. dun dos membros da equipa, tanto nas inscricións dos locais coma no recibo de Caixanova. Poñer en observacións "Nome-da-parella Campionato de futbolín". Por exemplo " Os celtas - Campionato de futbolín". É necesario presentar a inscrición ou o recibo de caixanova ao comezo do campionato.
O prazo de inscrición remata o Xoves 24 de Xuño do 2010.
Calquer dúbida chamade a ou no correo: acauriense@gmail.com
-Organiza-
Agrupación Cultural Auriense
-Colaboran-
Concellería de Cultura.
Concellería de Voluntariado
Consello Municipal de Deportes
Asociación Xuvenil Brincanedos.
ANIMÁDEVOS TODOS E TODAS A PARTICIPAR NESA FESTA DO TRALLA BRAVA!
Nota: Aforo de 100 parellas!